Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Dúbidas: Recomendacións na norma

Dúbidas

Esta páxina mudou de enderezo debido a que presenta dificultades para acceder a ela utilizando o Internet Explorer O novo enderezo é www.blogoteca.com/dubidas

02 abril 2006

Recomendacións na norma

A contracción de «a» máis o artigo determinado.
A representación do encontro da preposición a co artigo determinado masculino resólvese nun aparente equilibrio de formas: tanto ao como ó (e os seus respectivos plurais: aos e ós) son correctas. Nas normas ata agora vixentes recomendábase o emprego de ó, máis fiel á fala. Na actualidade enténdese que, se ben predomina e é obrigatoria a pronuncia ó, a forma ao está documentada historicamente na escrita e moi arraigada hoxe en día. Na redacción do texto emprégase ao.
Os sufixos -ería, -aría.
Nas normas actuais dáselle preferencia a forma tradicional -aría (libraría) "excepto nalgúns galicismos", aínda que non son incorrectas as palabras rematadas en -ería (librería). Xa que logo, conviven na lingua as dúas formas, pero recupérase e dáselle prioridade ao sufixo autóctono: consellaría.
Os sufixos -ble e -bel.
Ata o momento dábaselle prevalencia á terminación -ble (posible, terrible...), aínda que -bel (posíbel, terríbel...) tamén estaba aceptada. No novo texto ambos os sufixos adquiren a mesma validez.
A segunda forma do artigo.
Considérase obrigatorio o uso da forma do artigo -lo só coa preposición por (polo, pola...) e o adverbio u (u-lo libro?). No resto dos casos a representación gráfica é facultativa. No texto das Normas só se utiliza nos casos en que é obrigado. Son, pois, opcionais na escrita: tras a casa, trala casa; comer o caldo, come-lo caldo; todos os días, tódolos días; ambas as dúas, ámbalas dúas; nós os dous, nó-los dous, etcétera.

Web Counter
hit Counter