Colocación do pronome átono
Como norma xeral poñeremos o pronome átono sempre despois do verbo.
Fíxeno onte.
*O fixen onte (o asterisco indica que a forma está errada)
Aínda así hai varios casos onde o pronome se coloca antes do verbo:
Nos enunciados das interrogativas directas sempre que haxa un pronome interrogativo.
Ex: Quen cho dixo?
Nas exclamativas pasa o mesmo:
Ex: Que cho dea carallo!
Cando existe unha partícula negativa tamén se antepón o pronome:
Ex: Non o sei facer. Ninguén o sabe facer. Nada lle ten que facer
Cando o enunciado comeza por determinados adverbios:
Mesmo llo repetin onte
Incluso cho devolvín con xuros
Tamén o fago eu
Só o fago por ti
Unicamente lla deixei a ela
Seica mas tes ti.
Disque cha amañou o outro día
Quizais cho diga mañá
Seguramente ma viu cando entraba na casa
Aínda che teño un respecto
Ata llo deixei na súa mesa
Xa che dixen que o fixeras amodo
Sempre nos berra
Deseguida cha traio
Axiña che descubriu
Rapidamente te boto da casa
Moito lle quere a seu avó
Pouco che deixou na pota
Bastante te aturei hoxe
Demasiado lle aturei nesta relación.
Menos me deu a min!
Máis lle vale!
Velaquí a tes
Velaí mas trae
Por regra xeral, con todo, pouco, demasiado, tanto...que, alguén, algo, ninguén, nada, calquera, propio, ambos, etc. o pronome anteponse ao verbo.
Colocación nas perífrases.
Polo xeral o pronome irá posposto ao verbo auxiliar.
Antepoñerémolo nos casos que vimos antes
Cando hai unha perífrase de participio a única maneira na colocación do pronome átono é a posposición·
Ex: Téñollo feito moitas veces
Xa llo teño feito moitas veces
Cando temos unha perífrase de infinitivo ou de xerundio o pronome pode ir co verbo auxiliar ou co auxiliado indistintamente:
Ex: (INF) Podíamo facer pouco a pouco
(INF) Podía facermo pouco a pouco
(XER) Foron facéndomo pouco a pouco
(XER) Fóronmo facendo pouco a pouco
Cando a perífrase ten un nexo entre os dous verbos, o pronome tamén se pode antepoñer ao verbo auxiliado:
Ex: Tíñao que facer.
Tiña que o facer.
Tiña que facelo
Sei que para moitas persoas é moi complicado pero é importantísimo saber colocar ben o pronome. Con un pouco de interese e de esforzo é moi doado conseguilo. ÁNIMO
12 Comments:
Parabéns pola idea!
Uf, canto tempo sen sabe-lo da fonética! Quedei perplexo! ;-)
A todo isto, recoméndoche poñer de ligazón a http://www.codigocero.com xa que eu coñecín este blog a través deles.
Parabéns e moitas grazas!
Non coñecía a influencia do comenzo con determinados adverbios na colocación do pronome átono. Moitas grazas !!
Ah! eu tamén coñecín a bitácora por medio de Código Cero, com di Fidel.
Ex: Non o sei facer.
"Non sei facelo", está ben dito?
Grazas.
parabéns, pola idea...
parabéns, pola idea...
omouchoasexante
http://galegolandia.blogspot.com/
Teño unha dúbida e non vexo ningún correo de contacto, así que deixo aquí:
"Desenrolar software" ou "desenvolver software"?
Obrigado.
Esta ben este blogo para aprender a nova normativa que non deixa de sorprenderme.
forzaaaaa deppoooor
Parabens polo blogo.A min axúdame moito.Aprobei o celga2
Hablad en español frikis
Enviar um comentário
<< Home