Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Dúbidas: Maio 2006

Dúbidas

Esta páxina mudou de enderezo debido a que presenta dificultades para acceder a ela utilizando o Internet Explorer O novo enderezo é www.blogoteca.com/dubidas

24 maio 2006

APORTAR VS ACHEGAR

Estas dúas formas son correctas en galego pero teñen un significado moi distinto.

APORTAR: Chegar a porto
ACHEGAR: (entre outros moitos significados). Proporcionar algo novo ou distinto a unha determinada cousa.

Entón NON É CORRECTO empregar a forma aportar en frases como:

Tiven que *aportar datos para verificar a falsidade do caso.
O Goberno *aportou 2 millóns de euros aos damnificados.
Fixo unha *aportación de 2000 euros a unha ONG.
Nos documentos que presentei tiven que *aportar unha fotocopia do meu carné.

O correcto sería:

Tiven que achegar datos para verificar a falsidade do caso.
O Goberno achegou 2 millóns de euros aos damnificados.
Fixo unha achega de 2000 euros a unha ONG.
Nos documentos que presentei tiven que achegar unha fotocopia do meu carné.

Web Counter
hit Counter