Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Dúbidas: outubro 2006

Dúbidas

Esta páxina mudou de enderezo debido a que presenta dificultades para acceder a ela utilizando o Internet Explorer O novo enderezo é www.blogoteca.com/dubidas

30 outubro 2006

Abonar, Aboar, Estercar e Fertilizar

Temos que ter claras as diferenzas que existen entre estes catro termos.

abonar. v.t. 1. Facer que [alguén] adquira o dereito, mediante pagamento, de poder concorrer [a algo] ou recibir [algún servizo periodicamente]. Abonouno a unha publicación semestral. // v.p. 2. Adquiri-lo dereito, mediante pagamento, de poder concorrer [a algo] ou de recibir [algún servizo periodicamente]. Abonouse a unha revista literaria. Abonouse á tempada de ópera. SIN. subscribir(se).

aboar. v.t. 1. Probar a certeza ou realidade de [algo]. Este documento aboa a súa identidade. SIN. acreditar, garantir. 2. Pagar [a cantidade correspondente] [por unha venda, un préstamo, etc.]. Aboou o segundo prazo das taxas académicas.

estercar. v.t. Botar esterco a [unha terra]. Estercaron a leira antes de a sementar.

fertilizar. v.t. Facer fértil ou máis fértil [unha cousa, particularmente a terra], por medio de fertilizantes. Fertilizan as leiras con esterco.


A diferenza entre esterco e fertilizante é que o esterco sempre está composto por materias orgánicas mentres que o fertilizante pode estalo ou non, xa que hai fertilizantes químicos.

Web Counter
hit Counter