Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Dúbidas: novembro 2006

Dúbidas

Esta páxina mudou de enderezo debido a que presenta dificultades para acceder a ela utilizando o Internet Explorer O novo enderezo é www.blogoteca.com/dubidas

09 novembro 2006

Algúns datos sobre os acentos diacríticos

Temos que lembrar que a acentuación diacrítica emprégase para distinguir palabras que se escribirían igual de non seren acentuadas, ben para distinguir abertas de pechadas, oso (animal) / óso (parte do corpo) ou ben para distinguir vogais tónicas de vogais átonas, nó (atadura) / no (contracción en + o).
O acento diacrítico non se emprega en todos as palabras homógrafas (que se escriben igual pero con significados distintos), só nas de maior frecuncia ou nas palabras que se prestan moito máis a equívocos.

O acento diacrítico mantense ao engadir os pronomes átonos e tamén a segunda forma do artigo:
Dá (verbo dar) / da (contracción de + a): Dálle as uvas da horta
Teslle que dá-las notas da materia

É (verbo ser) / e (conxunción): éme imposible cantar e asubiar á vez

pór (poñer) / por (preposición): tes que póla/pólo no vertedeiro por se pinga

Web Counter
hit Counter