Fin
O substantivo fin pode presentar dúbidas en canto ao seu xénero xa que ten os dous dependendo do seu significado.
Segundo o Gran dicionario Xerais da lingua por unha parte temos
a fin: 1.Termo ou remate dalgunha cousa; final (a fin do mundo, a fin do Imperio). 2. Feito de terminar ou terminarse algunha cousa; conclusión, final, remate (este traballo non dá chegado á súa fin). 3. Morte (cando chegue a nosa fin debemos estar preparados!).
o fin: 1. Obxecto ou motivo polo que se fai unha cousa, finalidade, propósito (a obra fíxose con este fin).